CRTVG

Buscar

Alemaña declara España zona de risco polo incremento de casos de covid-19

Publicado o 09/07/2021 16:09
Alemaña declara España zona de risco polo incremento de casos de covid-19

Mentres o Goberno español chama á tranquilidade, os países de onde habitualmente veñen os turistas piden os seus nacionais que non viaxen a España. O último en sumarse ás alertas é Alemaña, que declarou toda España zona de risco.

Xa tiña nesa listaxe 6 comunidades autónomas pero agora esténdeo a todo o país. A declaración de "zona de risco" non impide que os turistas alemáns viaxen ao noso país, pero, unha vez que regresen, deberán presentar un test negativo ou o certificado de vacinación para evitar cuarentena.

Noticias web

09/07/2021