CRTVG

Buscar

Alemaña veta as vacinas de AstraZeneca a menores de 60 polos trombos

Publicado o 31/03/2021 13:21
Alemaña veta as vacinas de AstraZeneca a menores de 60 polos trombos

En Alemaña vetaron as vacinas de AstraZeneca para menores de 60. Angela Merkel di que actúan atendendo ás recomendacións dos expertos e ante os posibles riscos de efectos secundarios. Raros, pero graves, como as tromboses.

E afirma que poden facelo, reservar AstraZeneca só para os maiores de 60, porque teñen doses suficientes doutras vacinas. O centro de referencia para as vacinas alemán informou de 31 casos de tromboses en xente que se vacinara con AstraZeneca, a maioría mulleres entre 20 e 60 anos, segundo informou a prensa do país.

 

Noticias web

31/03/2021