CRTVG

Buscar

Alemaña vacinará con Pfizer os adolescentes de doce a dezaseis anos

Publicado o 28/05/2021 08:14
Alemaña vacinará con Pfizer os adolescentes de doce a dezaseis anos

A Axencia Europea de Medicamentos podería dar luz verde hoxe mesmo á vacina de Pfizer para adolescentes. Alemaña adiántase e anuncia que permitirá vacinar os menores, de 12 a 16 anos, a partir do 7 de xuño.

Angela Merkel recoñeceu que a vacinación en adolescentes é una cuestión sensible. Xunto cos 16 estados federados, a chanceler, adopta esta decisión ante a inminente autorización da vacina de Pfizer para menores e posto que Moderna pedirá tamén a mesma aprobación.

En Alemaña hai máis de cinco millóns de mozos entre 12 e 16 anos. Merkel mantén a súa promesa de ter toda a poboación inmunizada cara a finais do verán. As eleccións xerais no país xermano están datadas para o 26 de setembro.

Noticias web

28/05/2021