CRTVG

Buscar

Alemaña supera os 1.500 infectados diarios e anuncia vacinacións para xaneiro

Publicado o 19/08/2020 14:47

O Goberno británico anuncia que vai multiplicar por 10 o número de probas. As autoridades aseguran que a pandemia empeza a declinar, malia imaxes como estas, que a policía gravou dunha festa en Manchester. Dende hai días, a cifra de contaxiados non baixa do milleiro.

Mentres, en Alemaña soben os infectados ata máis de 1.500, o 37% procedente de zonas de risco. As autoridades sanitarias anuncian que en xaneiro poderían comezar as vacinacions dalgúns grupos de persoas.

En Francia, con máis de 2.200 contaxiados e 22 mortos, as máscaras van ser obrigatorias nos centros de traballo, pagadas polas empresas.

Unhas vacinas para as que a Organización Mundial da Saúde pediu que non fosen nacionalizadas. Tamén o Papa pediu xustiza e dixo que sería unha mágoa que os países ricos nos as compartisen.

O gran campo de probas destas vacinas vai ser O Brasil, o segundo país do mundo en infectados e falecidos pola covid-19 e tamén un referente en ensaios clínicos.

O número de casos superou os 22 millóns en todo o mundo e o de mortos vai camiño dos 790.000.

Noticias web

19/08/2020