CRTVG

Buscar

Alemaña supera esta fin de semana os 40.000 falecidos polo coronavirus

Publicado o 10/01/2021 11:53
Alemaña supera esta fin de semana os 40.000 falecidos polo coronavirus

Alemaña rexistrou nas últimas 24 horas 16.946 novas infeccións por coronavirus e 465 mortes. A pandemia deixa así no país máis de 40.000 falecidos xa, conforme os datos do Instituto Robert Koch.

As cifras diarias son inferiores ás xornadas previas, como vén sucedendo nas fin de semana porque algúns datos locais non se transmiten á central. O máximo de falecidos diarios comunicouse o sábado con 1.188 vítimas.

En Alemaña contaxiáronse 1.908.527 persoas da covid-19, das que 40.343 morreron. Tamén se estima que máis dun millón e medio de persoas superaron o virus.

A incidencia acumulada en sete días sitúase en 162,2 persoas por cada 100.000 habitantes. A taxa está por baixo dos case 200 alcanzados o 22 de decembro, pero lonxe do obxectivo do Goberno alemán de 50.