CRTVG

Buscar

Alemaña recomenda unha dose adicional para os vacinados con Janssen

Publicado o 07/10/2021 21:15

Os países nórdicos suspenden a vacinación con Moderna en menores de 30 anos

Alemaña recomenda unha dose adicional para os vacinados con Janssen

Ademais da terceira dose nos maiores de 70, Alemaña recomenda unha dose adicional para o vacinados con Janssen. Detectaron que a maior parte dos contaxiados que estaban vacinados recibiran este preparado monodose.

Pero a noticia que hoxe espertou preocupación foi a decisión dos países nórdicos de suspender a vacinación con Moderna a menores de 30 anos. Un estudo preliminar vincula este preparado con casos de miocardite e periocardite, sobre todo en varóns.

Noticias web

07/10/2021