CRTVG

Buscar

Alemaña recomenda non viaxar a Cataluña, Aragón e Navarra

Publicado o 28/07/2020 12:47

O Ministerio de Exteriores alemán recomendou este martes non facer viaxes turísticas a Aragón, Cataluña e Navarra "polas novas cifras de infección" do coronavirus nesas comunidades autónomas españolas.

Nunha actualización das súas recomendacións aos cidadáns alemáns en viaxes ao exterior do país, o ministerio incluíu a referencia a que se desaconsella viaxar a esas zonas se non é necesario o desprazamento.

Aínda que o ministerio alude a que as cifras de contaxios en xeral en España "baixaron fortemente", explica que "hai focos rexionais de infección" nas comunidades autónomas mencionadas.

Na actualización das recomendacións de viaxe do ministerio recórdase que España "resultou especialmente afectada comparativamente pola COVID-19" e que as viaxes dos países da zona Schengen cara ao territorio español se volveron permitir o pasado 21 de xuño.