CRTVG

Buscar

Alemaña quere consensuar con España e Italia a fin das restricións das viaxes

Publicado o 15/05/2020 19:09

Mentres, Alemaña convocou a España e Italia a unha reunión virtual o próximo luns para consensuar medidas que acaben coas limitacións das viaxes. O obxectivo de Angela Merkel é que, se a evolución da pandemia o permite, se poida viaxar outra vez polo espazo europeo a partir do 15 de xuño, é dicir, dentro dun mes. Ademais de España e Italia, están convocados a esa reunión os representantes de Croacia, Malta, Grecia e Austria, que son os destinos turísticos preferidos dos cidadáns alemáns.

Noticias web

15/05/2020