CRTVG

Buscar

Alemaña pon de exemplo España para dicir que a pandemia "non está baixo control"

Publicado o 21/09/2020 16:36

O ministro de Sanidade alemán, Jens Spahn, amosouse preocupado pola situación que atravesa España. Di que a pandemia non está baixo control no noso país, e teme que a repunta de casos nas rexións próximas acabe afectando Alemaña. De feito, actualmente Alemaña considera España como país de risco, e recomenda non visitalo

A Organización Mundial da Saúde xa leva días advertíndoo: o nivel de transmisión do coronavirus en Europa é alarmante. O número de casos diarios sitúase xa preto dos 50.000. E a taxa de notificación de novos casos aumentou durante máis de 50 días consecutivos. Pero no mapa de contaxios, España é unha zona vermella. Rexistra 300, 5 casos por 100.000 habitantes, a taxa máis alta da Unión Europea.

Noticias web

21/09/2020