CRTVG

Buscar

Alemaña, Polonia e Suecia expulsan cadanseu diplomático ruso en resposta ao desafío do Kremlin

Publicado o 09/02/2021 08:24

Aumenta a tensión entre a Unión Europea e Rusia. Alemaña, Polonia e Suecia, nunha acción coordinada, expulsaron tres diplomáticos rusos, un por país.

É a resposta ao desplante que sufríu o xefe da diplomacia europea Josep Borrell durante a sua visita a Moscova a semana pasada. Mentres estaba reunido co Ministro de Asuntos Exteriores ruso, o Kremlin anunciou a expulsión de tres representantes deses mesmos países e acusounos de participaren nas protestas en apoio ao opositor Alexei Navalni.

Noticias web

09/02/2021