CRTVG

Buscar

Alemaña mira con preocupación o incremento das infeccións

Publicado o 19/03/2021 14:56
Alemaña mira con preocupación o incremento das infeccións

En Alemaña, o número de infeccións por coronavirus está aumentando de forma exponencial debido á variante británica, segundo recoñeceron hoxe os responsables sanitarios. O Goberno pídelles aos cidadáns que non viaxen na Semana Santa para poder frear os contaxios e alertan de que se pode repetir a situación do Nadal, en que se chegaron a notificar máis de 30.000 positivos novos cada día. O país reinicou hoxe a vacinación con Astrazeneca.

 

Noticias web

19/03/2021