CRTVG

Buscar

Alemaña esixe test negativo aos que volvan en avión

Publicado o 30/03/2021 08:08
Alemaña esixe test negativo aos que volvan en avión

A incidencia acumulada segue subindo en Alemaña e é de 134 novos contaxios por 100.000 habitantes. A partir de hoxe, é necesario un test de coronavirus negativo para entrar no país por vía aérea. É a resposta das autoridades tras a avalancha de viaxes a Mallorca despois de que as Baleares deixasen de ser consideradas zona de risco. A chanceler Angela Merkel é partidaria de restrinxir os desprazamentos internos e quere que os länder tomen medidas para levar a cabo esta limitación de movementos.

Noticias web

30/03/2021