CRTVG

Buscar

Alemaña e Bélxica inclúen as Canarias nas zonas de risco

Publicado o 03/09/2020 08:25

Alemaña incluíu as Illas Canarias na listaxe de zonas de risco por coronavirus. Toda España está xa na listaxe oficial alemá que obriga os viaxeros a faceren un test diagnóstico e, a partir de outubro, a gardaren corentena. Tamén en Bélxica desaconsellan viaxar a España, pero exclúen Tenerife das zonas de risco. O número de casos activos nas Illas Canarias é de 4.558, máis da metade corresponden ás Palmas de Gran Canaria.

Noticias web

03/09/2020