CRTVG

Buscar

Alejandro Vega: "Hai un indicio moi forte de agresión sexual a Diana Quer"

Publicado o 14/11/2019 11:40

Alejandro Vega, avogado experto en dereito penal, cre que é importante saber se a defensa de José Enrique Abuín sabía que os seus encubridores se ían desdicir do que declararan o seu día. 

Vega dixo que só hai indicios dunha posible agresión sexual, pero que a Fiscalía vai empregar as declaracións dos achegados de Abuín para tratar de demostrar que lle gustaba perseguir mulleres.

O penalista asegura que hai un indicio moi forte de agresión sexual porque, segundo dixo, non ten moito sentido que o corpo de Diana aparecese espido.

Vega referiuse tamén ao caso de Ana Enjamio, pero defendendo que hai diferenzas substanciais entre ambos os dous casos. Para o penalista non é xusto a comparación que fan os medios de ambas mortes, porque aínda que coincidiron no tempo, o acusado no caso de Enjamio nunca recoñeceu os feitos e mesmo as probas contra el son moito máis contundentes. 

O penalista defende a existencia de xurados populares, pero tamén comprende a dificultade de formalos, porque non é doado para ninguén participar nestes xuízos tan complicados e con tanta presión. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí