CRTVG

Buscar

Alejandro Palomas, premio Nacional de Literatura: "Premio é poder seguir vivindo do que fago, escribir"

Publicado o 20/06/2019 10:58

Marcos Sueiro conversa no Bos días con Alejandro Palomas sobre o éxito da súa novela Un secreto. Andro Palomas é Premio Nalcional de Literatura Infantil e Xuvenil e tamén Premio Nadal.

"A literatura é toda para todos (os públicos). É un foco de curiosidade, é imaxinación, son mundos que cada idade comprende dunha forma totalmente distinta".

"Os premios son pequenos fitos na vida dun escritor, eu non lles dou moitísima importancia. Para min o premio e poder seguir vivindo do que fago, escribir; a miña vocación é escribir".

"Para contar unha boa historia tes que ser moi honesto. Contar unha historia é seducir, namorar; para namorar, tes que namorar co que es, non podes finxir".

Nos libros, "non me interesa tanto falar do bullying, porque eu sufrín moito de pequeno, senón como os nenos conseguen sobrevivir grazas ao poder da imaxinación infantil. A capacidade de resiliencia dos nenos.

"No meu caso existe moita relación entre o xornalismo e a literatura. Eu non sei facer xornalismo duro, non sei enfrontarme á realidade desa forma tan directa".

"Cando saio, saio moito e gústame relacionarme coa xente, pero a diario vivo no campo co meu can, illado do mundo. Hai unha parte de min moi ermitá á que lle gusta estar no máis absoluto silencio para poder oír as outras voces, que son as que me habitan".

"É moi fascinante cando vives nunha realidade, como a que eu vivo en Cataluña, e saes fóra e ves que o que se di de Cataluña son como mundos absolutamente paralelos, a información que sale da realidade catalá e o que eu vivo na miña realidade catalá non teñen nada que ver".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019