CRTVG

Buscar

Alejandro Navarro: "As axudas públicas ás electrointensivas son necesarias mentres non haxa un marco estable da enerxía"

Publicado o 29/03/2019 10:57

No Bos días, Marcos Sueiro conversa co avogado Alejandro Navarro, especialista en investimentos. Na entrevista tratan da analizar o futuro do sector industrial en Galicia co vista posta en ENCE e Alcoa.

Desaceleración da economía española, segundo os indicadores do Banco de España.

"Hai indicadores externos, como internos , da propia economía española que parece evidenciar unha desaceleración e que así vai seguir sendo".

Inseguridade xurídica de ENCE

"No 2016, o Goberno de Rajoy concédelle unha prórroga de 60 anos a ENCE baseándose nun informe da Avogacía do Estado. A raíz da demanda do Concello de Pontevedra e de Green Peace opoñéndose a estas prórrogas, o Goberno actual pide un novo informe á Avogacía do Estado e contradí o anterior e vén dicir que os 65 anos de prazo posible deben computarse desde a concesión inicial, de tal maneira que a concesión remataría agora mesmo. (...) Hai unha contradición xurídica, que parece máis disputas entre gobernos o qu vai decidir a prórroga da concesión. Hai que ter en conta que en ENCE xóganse 5.000 postos de traballo".

"Nestas circunstancias é normal que ENCE non invista os 300 millóns previstos e só invista 50, para o seu mantemento, ata que se aclaren as circunstancias".

"Que informe ten razón non importa aquí, o importante é dar unha seguridade xurídica á industria. (...) Haberá que buscar os puntos en común dos dous informes. O importante é que esa industria poida permanecer en Galicia, se pode ser nesa localización, perfecto, e se non pode ser haberá que buscarlle outra. O importante é non perder eses postos de traballo".

Marco estable do prezo da enerxía

"A verdade é que temos un marco complicado, estamos nun período preelectoral, en breve será electoral e, con todo, o límite [para Alcoa] é o 30 de xuño. Antes dese momento ten que haber un investidor e ese investidor non vai vir se non ten unha garantía do Goberno central de que vai ter a enerxía a un prezo razoable a enerxía que lle vai permitir competir nos mercados".

Nestas empresas electrointensivas a electricidade representa, nalgúns casos, ata o 50% do gasto total. Nun mercado global o único custo que varía é o electrico, e iso provoca un desequibrio na competitividade. Por iso, estas empresas precisan axudas estatais ata que exista un marco de competencia en España suficiente para estas empresas poidan competir no mercado global".

"Eu non son partidario de facer públicas empresas privadas"

"O que hai que facer é buscar un investidor potente e que reciba un marco estable".

Oferta pública de emprego

"Eu non vexo razoable que en campaña electoral se siga tirando dos decretos leis, cando agora nos deberiamos centrar en ver cal é o partido que vai formar goberno no futuro".

 

Noticias web

29/03/2019