Alejandro Blanco, presidente do COE: "Estamos nun punto de non retorno para a preparación dos deportistas"
Publicado o 20/03/2020 14:49
Di que o problema non é o 24 de xullo, senón o camiño ata o 24 de xuño
Falamos do maior evento deportivo do planeta. Uns 11.600 deportistas.
Para Alejandro Blanco, presidente do COE, "o problema non é o 24 de xullo, senón o camiño ata o 24 de xuño"
Un camiño cada vez máis revirado e máis espiñento, xa que "estamos nun punto de non retorno para a preparación dos deportistas", comentou Blanco
A preparación xa está completamente alterada co confinamento na casa.
Moito tempo agardando por ver as grandes estrelas do deporte, mais este 2020, do Alejandro Blanco, haberá Xogos.
Unha decisión que cada vez apunta máis cara ao adiamento de Toquio 2020.