CRTVG

Buscar

Alejandro Alvargonzález: "O que temos que analizar é este mundo de turbulencias en que entramos"

Publicado o 04/10/2019 10:47

O ex-secretario adxunto da OTAN, Alejandro Alvargonzález, é un dos relatores deste foro da Toxa, do que asegura "é un foro necesario, que invita á reflexión de todos, que pon á sociedade civil a dicir o que pensa do que está ocorrendo xunto á clase política, que debe reflexionar e que debe falar con normalidade e non coa tensión que estamos afeitos a ver nos medios de comunicación".

O feito de que estes debates se propoñan desde Galicia, con vocación internacional é, segundo el, a demostración de que "a periferia sempre foi importante en España, e a periferia atlántica máis".

O seu papel como experto, nestes debates, centráse no que é o espazo atlántico, "un espazo,-asegura Alejandro Alvargonzález-, de conxunción de ideas políticas democráticas, é aquel espazo que durante os últimos 70 anos, desde a creación da OTAN, procurou defender unha cosmovisión baseado na liberdade e a democracia, que nos une aos dous lados do Atlántico".

Desde esa perspectiva cre que "o que temos que analizar é este mundo de turbulencias en que entramos. O mundo pasou a ser outro, é máis pequeno, a fricción é maior e a relación tamén é maior. E poden xurdir problemas, pero tamén oportunidades, e temos que estar aí. España ten que estar aí". 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí