CRTVG

Buscar

Osmo, no Ribeiro, é unha aldea pioneira na loita contra os incendios forestais

Publicado o 09/09/2019 15:01

Os veciños de Osmo, unha aldea no corazón do Ribeiro téñeno claro. O mellor se non se traballan as terras e cedelas. E así o fixeron. Son a primeira aldea modelo de Galicia, unha iniciativa promovida pola Xunta destinada a defender e protexer o rural dos incendios forestais. Xa hai empresarios dispostos a crear aquí actividade agraria e gandeira.

Esta aldea convértese así en pioneira na loita contra o lume en Galicia. Está previsto que se sumen a este proxecto 20 aldeas máis.

Noticias web

09/09/2019