CRTVG

Buscar

Alcoa recorta a produción de aluminio na planta de San Cibrao por segunda vez no ano

Publicado o 21/08/2019 21:42

A dirección de Alcoa argumenta que tal e como está o prezo da enerxía perde entre cinco e seis millóns de euros cada mes por producir aluminio na planta de San Cibrao, a única que lle queda en España. Por iso volve a recurtar a produción, e mandou parar progresivamente 32 cubas de electrólise, co compromiso de reactivalas se se cambia a política enerxética en España e se abaratan os custes.
A medida fixo saltar as alarmas entre os traballadores, que se ven reflexados no espello da Coruña e de Avilés. Por iso urxen ao Goberno a tomar medidas.

Alcoa convocou aos traballadores dentro dun mes para analizar de novo a situación. Antes quere reunirse coas administracións central e autonómica para buscar unha saída favorable para a planta de San Cibrao.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019