CRTVG

Buscar

Alcoa reclámalle á Xunta un plan conxunto que lle dea continuidade ao sector

Publicado o 06/03/2019 21:09

As plantas de produción de aluminio, incluída a de San Cibrao, perigan se non se aproba por parte do Goberno o estatuto da industria electrointensiva. Salientárono esta tarde os representantes de Comisións Obreiras das fábricas de Alcoa, que urxen tamén a Xunta a impulsar un plan conxunto que lle dea continuidade ao sector no noso país e manter así uns 10.000 postos de traballo directo e indirecto.

Cando están a vencer os prazos do Estatuto de Consumidores Electrointensivos, os representantes de Comisións Obreiras nas plantas de Alcoa reclaman que o Goberno o aprobe canto antes. Do contrario, advirten, non haberá investidor para as fábricas de Avilés e da Coruña.

Alertan de que tamén periga a planta de San Cibrao. Debido á súa obsolescencia, as instalacións precisan investimentos, polo que instan a Xunta a que colabore e impulse un plan conxunto que asegure a continuidade do sector.

Alcoa dálles emprego directo a 2.000 traballadores. En caso de que o estatuto non saia adiante, aseguran que haberá mobilizacións.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2019