CRTVG

Buscar

Alcoa publicará a semana que vén as ofertas definitivas polas plantas da Coruña e Avilés

Publicado o 31/05/2019 20:11

A un mes para o peche definitivo das factorías da Coruña e de Avilés, os traballadores non teñen aínda garantía de futuro. Nos próximos días coñeceranse as ofertas en firme para mercar as plantas. Pero a operación de venda pode truncarse despois de saberse que nin unha nin outra poderán acceder á próxima poxa eléctrica por levar catro meses inactivas.

O Goberno prometera facer unha excepción e incluílas na poxa, o que lles permitiría acceder a unha gran cantidade de incentivos e facelas máis atractivas para os compradores. Pero a normativa non se cambiou e as dúas plantas quedaron excluídas. Os traballadores séntense enganados polo Goberno central. Desde a Xunta asumen que, se o Executivo non toma medidas, o escenario é o peor dos posibles.

Francisco Conde, conselleiro de Industria, "estamos nun escenario de incerteza sobre a posición que poden tomar os investidores, ante un goberno que se corrixe a si mesmo e que non ten plantexada cal pode ser a solución o 30 de xuño"

A esperanza está posta agora no Estatuto das Electrointensivas, que, ao abaratar o prezo da electricidade podería ser un incentivo para os compradores. Pero de momento, o Goberno teno parado.

Noticias web

31/05/2019