CRTVG

Buscar

Alcoa pon unha nova oferta sobre a mesa

Publicado o 04/08/2020 21:02

É o berro unánime dos traballadores de Alcoa, que este martes quixeron arroupar o comité de empresa na que estaba fixada como a última xornada de negociación do ERE. Denuncian que pechar as cubas de electrólise, como quere facer a dirección da multinacional, é a morte definitiva da factoría, e impediría a súa venda.

O comité de empresa de Alcoa reclama a intervención inmediata do Goberno central. Pídenlle que paralice o ERE, que consideran fraudulento ao haber unha oferta de compra enriba da mesa.

O comité pídelle ao Executivo que convoque unha nova xuntanza da mesa multisectorial, pero denuncia que, de momento, non obtiveron resposta desde Madrid. 

Noticias web

04/08/2020