CRTVG

Buscar

Alcoa apraza o ERE ata o 8 de xullo e paraliza a venda das plantas da Coruña e Avilés

Publicado o 29/06/2019 14:37

Unha noticia inesperada a estas alturas da negociación. Alcoa bótase atrás na venda das fábricas, porque di agora que Parter Capital non cumpre as garantías financeiras requiridas. A dirección de Alcoa e os comités de empresa continúan reunidos, e a última hora da tarde do venres sumouse tamén á xuntanza o secretario de Estado de Industria para mediar no conflito.

De momento hai confusión, porque non se sabe se se trata dunha paralización temporal, ou se se cancela a venda definitivamente, o que suporía que o domingo pecharían as dúas plantas e a practica totalidade dos traballadores serían despedidos. A dirección de Alcoa non deu ningunha explicación de por que cambiou de opinión a tan só 48 horas de acabar o prazo para vender as fábricas.

Agora, as partes volverán reunirse o luns, nunha xuntanza na que o fondo suízo Parter deberá explicar a súa solvencia financeira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/06/2019