CRTVG

Buscar

Alcoa ofrece aprazar os despedimentos ata xuño para encontrar un comprador

Publicado o 15/01/2019 21:53

Cando faltan menos de tres horas para que remate o prazo de negociación do ERE de Alcoa, a dirección da empresa pon enriba da mesa unha última oferta. Acepta manter todo o cadro de persoal ata o 30 de xuño, por se aparece un comprador, a cambio de que os sindicatos se aveñan a negociar as condicións dos depedimentos de 500 empregados, os que anunciou a semana pasada.

Polo momento, os comités de empresa da Coruña e de Avilés non aceptan a proposta. Argumentan que só apraza o problema, e insisten en que non negociarán o despedimento de ningún traballador.

Noticias web

15/01/2019