CRTVG

Buscar

Alcoa mantense inflexible no despedimento de 534 traballadores

Publicado o 02/07/2020 15:03

Os traballadores de Alcoa non se renden e acudiron á nova cita coa dirección da multinacional con poucas expectativas, pero firmes na súa defensa do mantemento da totalidade dos postos de traballo e da produción da única planta de aluminio primario que queda en España.

Para eles está claro que a empresa non ten intención de buscar unha solución e que segue inflexible no despedimento colectivo de 534 traballadores. E a iso hai que sumarlle o impacto que terá nas empresas auxiliares. 

O comité insiste en que a planta é viable e reclama a intervención das administracións públicas. A multinacional iniciou o pasado xoves o proceso formal de consultas para a negociación das condicións do ere, un proceso formal que remata o 24 deste mes.

 

Noticias web

02/07/2020