Alcoa informa sobre o proceso de venda da empresa
Publicado o 22/02/2021 10:01
Alcoa informa os traballadores sobre o proceso de venda da planta de aluminio á SEPI.
Despois de case un mes de negociacións, a multinacional volve reunirse hoxe con traballadores, Xunta e Goberno para informar de como vai o proceso.
Os traballadores esperan que haxa novidades e que se empece a ver xa a posibilidade dun acordo de venda que permita manter o cen por cento da produción e dos postos de traballo.
Esperan que o acordo se peche rápido porque xa van moitos meses de conflito laboral. Na mesma liña traballan a Xunta e o Goberno. A SEPI sería unha intermediara cara ao comprador final, o grupo británico Liberty House, que segue interesado en comprar a planta e seguir fabricando aluminio primario.