Alcoa informa hoxe os sindicatos do proceso de venda da planta de aluminio
Publicado o 20/08/2020 12:02
Alcoa informará hoxe os representantes dos traballadores e das administracións como van as negociacións co grupo británico Liberty House para a venda da planta de aluminio de San Cibrao.
Hai unha semana, a multinacional aceptaba explorar esta posibilidade e ampliaba ata o 28 de setembro o período de consultas do ERE, que afecta máis de 500 traballadores.
A de hoxe é primeira xuntanza coa que traballadores e administracións queren facer un seguimento de todo o proceso.