CRTVG

Buscar

Alcoa rexeita o estatuto da industria electrointensiva que propón o Goberno central

Publicado o 20/03/2019 22:06

En Alcoa San Cibrao saltan todas as alertas. As medidas presentadas polo Goberno central non convencen. Están en risco 1.500 empregos directos e milleiros indirectos. Seguen sen investidor as plantas da Coruña e Avilés e agora está en cuestión a de Lugo. Polo de agora é unha ameaza, pero está sobre a mesa.

Alcoa nega que o estatuto que prepara o Executivo de Sánchez cree un marco eléctrico estable.
E cren ademais que non abaratará a enerxía nin servirá para buscar comprador para as factorías coruñesa e asturiana.

A preocupación e a incerteza esténdese agora entre os traballadores de Alcoa San Cibrao. A empresa considera insuficientes as medidas propostas polo Goberno central no borrador do estatuto do consumidor electrointensivo e os traballadores reclaman un marco enerxético que garanta a viabilidade da empresa.

Tanto a propia empresa como os sindicatos van presentar alegacións ao borrador do Goberno. Ademais o comité de empresa vaise reunir cos alcaldes da comarca para pedirlles a súa implicación da defensa de máis de 1.500 empregos.

Temen, ademais, que as medidas propostas polo Goberno sexan un obstáculo para os posibles compradores das plantas da Coruña e Avilés.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2019