CRTVG

Buscar

Alcoa e Liberty comezan a "achegar posturas", segundo o comité de empresa

Publicado o 04/09/2020 19:58

Alcoa e Liberty  "comezan a achegar posturas" para a compravenda da factoría de San Cibrao. Así o adiantou o presidente do comité de empresa tras rematar unha nova reunión entre todas as partes. O principal punto de desencontro parecer ser a planta de Alúmina pero, desde o comité sinalan que hai avances porque Liberty renunciou a comprala e agora negocia con Alcoa un contrato de subministro. Na reunión tamén participou a Xunta. Úrxelle ás dúas partes que axilicen a negociación e ao Goberno que fixe un prezo eléctrico competitivo.
A próxima semana o comité de empresa vaise reunir coa Liberty para coñecer o seu proxecto para San Cibrao. Malia os avances, manteñen as movilizacións. O domingo volverán saír á rúa.

"Xa se están empezando a achegar as posturas. Está claro que Alcoa está dicindo que están moi distantes. Aquí cada un dirá que están moi distantes para intentar arrimar a ascua á súa sardiña, pero a única saída que hai ou a única saída que ten Alcoa agora mesmo é a venda", di José Antonio Zan, presidente do comité de empresa de Alcoa.

 

Noticias web

04/09/2020

Máis sobre Cervo