CRTVG

Buscar

Alcoa e Goberno buscan un acordo de venda da planta de San Cibrao antes do 30 de abril

Publicado o 22/02/2021 15:58

Prodúcese un novo paso na negociación para a venda da planta de Alcoa en San Cibrao. Hoxe, na mesa en que sentan traballadores, empresa e os Gobernos central e autonómico Alcoa presentou as condicións xerais que marcarán esa venda á SEPI. Hai unha data, o 30 de abril, que todos agardan acurtar.

O presidente do comité de empresa de Alcoa, Juan Carlos López Corbacho, mantén que "todos queren chegar a un acordo antes do 30 de abril. Para nós é moi positivo. Temos que conseguir que esa fábrica se venda".

O Vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, engadía que "o único que lle trasladamos a Alcoa é precisamente a necesidade de que se poida axilizar o proceso e chegar canto antes a ese acordo. Mesmo antes do 30 de abril, que é a data marcada por parte de Alcoa e do Goberno para poder chegar a este acordo de compravenda".

 

Noticias web

22/02/2021