CRTVG

Buscar

Alcoa da por feito o peche da planta de San Cibrao e así llo traslada aos seus investidores

Publicado o 17/10/2020 15:02

Alcoa da por feito o peche da planta que ten en San Cibrao e así llo traslada aos seus investidores nos Estados Unidos.

A multinacional advirte que reducirá a produción na Mariña Luguesas en 228 mil toneladas de aluminio e isto implicará uns custos asociados a despidos de 35 millóns de euros. Os documentos nos que establece os custos da operación de clausura de San Cibrao tamén marca previsións temporais. Alcoa espera ter redimensionamento no primeiro trimestre de 2021.



 

Noticias web

17/10/2020

Máis sobre Cervo