CRTVG

Buscar

Alcoa pecha a venda das súas plantas ao fondo suízo Parter Capital

Publicado o 01/08/2019 09:38

• O novo propietario visita hoxe a planta da Coruña, que se chamará a partir de agora Alu Iberia LConde manterá reunións co persoal e coa representación sindical

 

Parter visitará este xoves a planta da Coruña, que se chamará a partir de agora Alu Iberia LC, onde manterá reunións co persoal e coa representación sindical. En concreto, os representantes da empresa que este mércores pechou a compra estarán na Coruña desde as 9,00 horas, pero veranse co persoal ás 11,00 e ás 15,30 horas. No medio, tamén celebrarán un encontro cos responsables sindicais. 

• Maroto advirte de que non se pode aprobar o estatuto das electrointensivas ata que haxa goberno | Francisco Conde: "Isto non é un punto e final, é un punto e seguido"

Ponse fin a un ERE que afectaba a 700 familias

Alcoa non se pecha. A ministra Reyes Maroto posou coa camiseta reivindicativa dos traballadores na presentación do acordo de compravenda das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés. O fondo suízo Parter Capital presentou as garantías económicas e mercou as dúas fábricas. É un logro das administracións central e autonómicas, das empresas e dos traballadores, dixo a ministra, un día para a satisfacción e a esperanza.

"Esperanza porque a operación garante o mantemento da actividade produtiva e o máis importante, o emprego nas plantas de Avilés e A Coruña evita o que todos queriamos, a execución do despedimento colectivo que mañá mesmo se podería ter executado", asegurou Maroto.

Os traballadores están contentos pero seguirán vixiantes. O compromiso do fondo suizo só garante o emprego dous anos. 

 "Currámolo, pero a partir de agora toca traballar. Esixir que se cumpran os compromisos e vixiar todo o proceso para que non volva pasar o que pasou con Alcoa", aseguraba López Corbacho, o presidente do comité de empresa de Alcoa na Coruña.

É ao Goberno esixenlle que cumpra a promesa dun estatuto das empresas electrointesivas que traian un prezo competitivo. A ministra anunciou xa está redactado.

"Hai estatuto, axiña o coñecerán os sindicatos e todos vostedes. O problema é que non podemos aprobalo se non temos goberno", advertía a ministra de Industria en funcións.

Dese estatuto dependerá que se volva poñer en funcionamento o proceso de electrólise das dúas plantas para que volvan ser competitivas no mercado do aluminio.