Alcoa abre a porta á venda da planta de aluminio de San Cibrao
Nova reunión para negociar o ERE que afecta 534 traballadores da planta de aluminio de San Cibrao. O proceso segue en marcha, aínda que nas últimas horas a empesa manifestou que está disposta a escoitar as ofertas pola factoría.
O Goberno di que hai un investidor interesado. Alcoa abre a porta á venda, pero mantense firme en que primeiro debe facerse unha parada das cubas para frear as perdas. Condición que os traballadores non van negociar porque sería un paso irreversible para fábrica.
"De momento, nós mantemos a cautela ata que non o teñamos por escrito e vexamos realmente unha solución factible, clara e concreta", manifestou José Antonio Zan, presidente do Comité de Empresa de Alcoa.
Traballadores e Xunta piden que se cree un grupo de traballo para concretar ese posible proceso de venda e se paralice o ERE. Mentres seguirán coa folga.