CRTVG

Buscar

Alcánzase un principio de acordo para investir a Ximo Puig presidente da Generalitat Valenciana

Publicado o 12/06/2019 11:15
Alcánzase un principio de acordo para investir a Ximo Puig presidente da Generalitat Valenciana

Os líderes do PSPV-PSOE, Compromís e Unides Podem-EU alcanzaron un principio de acordo para reeditar o pacto de goberno da esquerda na Generalitat Valenciana e investir a Ximo Puig como presidente, tras conseguir Unides Podem dous Consellerias, unha delas con rango de vicepresidencia con competencias en materia de medio ambiente.

Así o acordaron o actual presidente da Generalitat, Ximo Puig ( PSPV-PSOE), a vicepresidenta, Mónica Oltra (Compromís), e o líder de Unides Podem- EU, Rubén Martínez Dalmau, nunha reunión mantida á primeira hora deste mércores no Palau da Generalitat, minutos antes do inicio do debate de investidura.

Á primeira hora da tarde de onte Unides Podem-EU abandonou a mesa de negociacións ao non estar de acordo coa repartición de competencias que lle correspondía. O acordo alcanzado esta mañá está previsto que se asine esta tarde en Alacante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí