CRTVG

Buscar

Alcaldes, empresarios e sindicatos analizan o futuro industrial de Ferrolterra

Publicado o 09/01/2020 20:55
Alcaldes, empresarios e sindicatos analizan o futuro industrial de Ferrolterra

Alcaldes de Ferrolterra, sindicatos e empresarios reuníronse esta tarde para analizar o futuro industrial da comarca. Na mesa, convocada polo alcalde de Ferrol Ángel Mato, ten tamén como obxectivo que Ferrolterra fie á industria a súa reactivación económica.

Para os asistentes á mesa, aínda que na comarca haxa algún sector en risco, como a térmica das Pontes, outros dispoñen de bases firmes en que se prevé unha extraordinaria proxección nos próximos anos, entre eles a industria eólica mariña.

Noticias web

09/01/2020