CRTVG

Buscar

Alcaldes das comarcas de Ferrol e A Coruña únense en defensa do tren de proximidade

Publicado o 20/03/2017 20:39

A Xunta adxudicou hoxe os estudos para analizar a liña de tren entre Ferrol e A Coruña co fin de mellorar o servizo ferroviario deste trazado

Alcaldes e concelleiros de nove concellos das comarcas de Ferrol e Coruña amosanse unidos na defensa do ferrocarril que enlaza ambas cidades. Contaron amais co respaldo dos deputados de En Marea no Congreso Iolanda Díaz e Antón Gómez-Reino e do senador socialista Anxo Mato. Reclaman medidas que permitan reducir a hora e media de tempo que leva na actualidade desprazarse en tren entre Ferrol e A Coruña así como partidas orzamentarias para a mellora do servizo.

Tamén este luns a Consellería de Insfraestrutruras e Vivenda adxudicou o contrato para a elaboración de estudos que analicen as posibles alternativas para a mellora desta liña de tren.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017