Alcaldes da Coruña piden a derrogación do decreto dos remanentes
Publicado o 09/09/2020 14:38
A poucas horas da súa chegada ao Congreso para ser ratificado, continúan as reaccións ao decreto dos remanentes das administracións locais.
Hoxe na Coruña, alcaldes e deputados do Partido Popular concentráronse ás portas do organismo provincial, antes da celebración dun pleno extraordinario onde se debateu o acordo acadado entre a Federación de Municipios e Provincias e o Goberno central.
Os populares insisten na necesidade de derrogar unha orde que cualifican de inxusta.