CRTVG

Buscar

Continúa a reconstrución da zona cero de Paramos con doce licenzas aprobadas

Publicado o 06/08/2019 08:55

O ruído das obras rompe o silencio en Paramos. Trátase de poñer en pé o que levou por diante o estoupido da pirotecnia ilegal que nesgou a vida dun matrimonio. Máis dun ano despois, algúns veciños refixeron a súa vida noutro lugar, pero 24 solicitaron autorización para reconstruír as súas casas. Doce contan xa con licenza.

Yolanda Rodríguez, concelleira de Urbanismo de Tui.

O concello de Tui confirmou o avance dos trámites coa Deputación para licitar a reposición de servizos e a reurbanización do barrio da Torre, coa intención de que a finais deste ano ou comezos do vindeiro os traballos estean rematados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019