CRTVG

Buscar

Alcalde e veciños da Mariña en contra do desmantelamento de Alcoa

Publicado o 30/05/2020 22:12

Dende que Alcoa chegou á Mariña nos setenta cambiou estruturalmente a economía e a sociedade da comarca, e tamén a do conxunto da provincia, xa que a factoría supón o trinta por cento do produto interior bruto de Lugo.Por iso veciños e alcaldes da zona son absolutamente contrarios ao seu desmantelamento.

Xenreira e importencia. Así se sentía o alcalde de Cervo esta maña, un penar parecido ao que tiña o rexedor de Xove, os dous concellos máis afectados polo despido colectivo.

Ademais das familias, o comercio e ahostelería da zona serían outros dos grandes prexudicados.

Este almacén de Xove abriu hai case setenta anos. O seu dono lembra como a creación da fábrica nos setenta modificou estruturalmente a zona. Agora a Mariña sería inconcebible sen ela.

Noticias web

30/05/2020