CRTVG

Buscar

Alcaldes e veciños da zona piden que se manteñan todos os postos de traballo

Publicado o 30/05/2020 15:58

 

Xenreira e impotencia, iso sentía o alcalde de Cervo esta mañá, un penar compartido polo rexedor de Xove, os dous concellos máis afectados polo despido colectivo.

Ademais das familias, o comercio e a hostalería da zona serían outros grandes prexudicados.

Este almacén de Xove abriu hai case setenta anos; o seu dono lembra como a construción da factoría nos setenta modificou estruturalmente a zona, e agora a Mariña de Lugo é inconcibible sen a fábrica. Cren que a zona esmorecería.

Os mariñaos esixen que se evite o desmantelamento da fábrica.

 

 

 

Noticias web

30/05/2020