CRTVG

Buscar

Albino e as súas historias

Publicado o 04/03/2019 14:03

Coñecemos a Albino Pereira Sánchez, un home de 77 anos que vive na parroquia de Atios, no concello pontevedrés do Porriño, coa súa familia. Un fermoso lugar en que nos divertimos coas súas anécdotas da vida.  

Albino Pereira Sánchez convidounos á súa casa na fermosa parroquia de Atios, na localidade pontevedresa do Porriño e ensinounos un muíño que aínda moe e contounos moitas anécdotas curiosas da súa vida.

Albino ten os animais porque lle gustan e porque é unha ilusión erguerse á mañá e darlles de comer. Moita saúde Albino e a gozar de cada día. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019