CRTVG

Buscar

Alberto Rodríguez substitúe a Pablo Echenique na secretaría de Organización de Podemos

Publicado o 06/06/2019 08:56

A dirección de Podemos asegura que se equivocan os que ven unha purga na substitución de Echenique como número tres do partido. Din que é un grande activo co encargo de negociar os pactos de goberno. Na secretaria de Organización vaino substituír o deputado canario Alberto Rodríguez.

A saída de Pablo Echenique da secretaria de Organización é o primeiro cambio na cúpula de Podemos tras os malos resultados electorais e as críticas a Iglesias pedindo un novo Vistalegre.

Vaino substituír como número tres do partido o deputado canario Alberto Rodríguez, un dos que conta con máis apoio das bases. O nomeamento deberá ser ratificado o sábado polo Consello Cidadán Estatal. Echenique pasa a presidir a comisión encargada de negociar os pactos postelectorais.

Rafael Mayoral, secretario de Sociedade Civil de Podemos: "Aqueles que pensen que Echenique vai deixar de xogar un papel fundamental en Podemos vai levar un chasco. Echenique vai xogar un papel fundamental, xa o está xogando na posibilidade de conformar un goberno progresista no noso país".

Para outros, como Ramón Espinar, Podemos anda baleiro de rumbo pola perda de membros brillantes e debería estar sumando cabezas en vez de cortalas.

Ramón Espinar, ex-secretario xeral de Podemos Madrid: "Cres que Echenique é o responsable dos resultados electorais? Pois francamente non. Hai que reformular todo o ciclo político, e iso non se fai cortando cabezas senón incorporando máis cabezas á reflexión".

Pablo Iglesias e Echenique ironizaban así en Twitter coa suposta purga sufrida polo secretario de organización saínte.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/06/2019