CRTVG

Buscar

Alberto Rodríguez abandona a militancia en Podemos logo de perder o escano

Publicado o 23/10/2021 22:00
Alberto Rodríguez abandona a militancia en Podemos logo de perder o escano

Alberto Rodríguez anunciou este sábado que abandona a militancia en Podemos despois de que a presidenta do Congreso, Meritxell Batet, lle comunicara a perda da súa condición de deputado.

Á súa chegada ao aeroporto de Tenerife Norte, onde foi recibido por máis dun centenar de persoas ao berro de "xustiza" e "todas somos Alberto", Rodríguez indicou que "un debe saber pechar ciclos".

"Toca pechar un ciclo" e dar paso a "outro momento persoal", engadiu Rodríguez, quen considerou a súa sentenza por agresión a un axente policial nunha manifestación na Laguna antes de ser deputado como "un ataque á democracia" e "a crónica dunha infamia".

Engadiu que "por suposto" recorrerá ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos se non atopa cobertura no sistema xurídico español.

Noticias web

23/10/2021