Alberto Quián, premio de Xornalismo Científico Celia Brañas
Publicado o 22/06/2021 16:23

O vigués Alberto Quián, profesor da Universidade Carlos III de Madrid, é o gañador do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas que outorga a Real Academia Galega de Ciencias.
Alberto Quián recibe o galardón por un traballo sobre a conexión dunha investigación galega da covid e a triloxía do Señor dos Aneis. A Real Academia tamén galardonou co seu accésit un traballo sobre a praga da rata toupa emitido no programa Labranza desta casa, e que é obra do xornalista de Televisión de Galicia Manuel Cruz.