CRTVG

Buscar

Feijóo di que Galicia sae prexudicada na repartición do fondo para as autonomías

Publicado o 07/06/2020 22:19

Alberto Núñez Feijoo volveu esixirlle a Pedro Sánchez unha solución para a planta de San Cibrao na videoconferencia dos presidentes autonómicos. Nesa cita tamén lle pediu que elimine a taxa de reposición na OPE de Sanidade e a baixada do IVE para o Turismo.

Pero o asunto que motivou máis controversia na cita de hoxe foi o cambio de criterio na repartición de fondos autonómicos. O Goberno esixe ás autonomías que gasten en sanidade e educación case o 70 % do fondo de 16.000 millóns. E ese cambio, segundo Feijóo, prexudica as comunidades que xestrionaron mellor a crise sanitaria. 

Presidentes de diferente cor política, incluídos algúns socialistas, rexeitan a modificación. Este asunto foi o que marcou a xuntanza previa á entrada de moitas comunidades na fase 3, na que recuperan o mando.

Noticias web

07/06/2020