CRTVG

Buscar

Alberto Monteagudo, preocupado polos sancionados e mancados que ten no equipo

Publicado o 11/01/2019 17:20

Imos co Lugo, que o domingo recibe o Estremadura no Anxo Carro. O Estremadura, que marca agora mesmo o descenso, está a só dous puntos dun Lugo que acumula catro xornadas sen perder. A pesar desa liña ascendente, Monteagudo está preocupado polas baixas e polas lesións que afectan o equipo. Un panorama que debería mellorar cando faltan dous días para o partido.

Alberto Monteagudo, adestrador do C. D. Lugo: "Se non recuperan antes do adestramento de mañá os xogadores que teñen molestias temos unha avaría".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019