CRTVG

Buscar

Alberto García volve ser nomeado alcalde de Catoira

Publicado o 09/06/2020 13:06
Alberto García volve ser nomeado alcalde de Catoira

O socialista Alberto García volveu ser nomeado alcalde do concello pontevedrés de Catoira. O pleno da corporación municipal celebrou hoxe a terceira sesión de investidura tras a frustrada moción de censura e a dimisión do anterior rexedor, o nacionalista Xoán Castiñeiro.

Nesta ocasión presentáronse as candidaturas dos tres cabezas de lista dos partidos da corporación, Alberto García do PSOE, Iván Caamaño polo PP e María Paz do BNG.

Os candidatos do PP e BNG contaron co apoio dos dous compañeiros de filas de cada partido, mentres que Alberto García recuperou a confianza de dúas dos seus edís que lle retiraron o seu apoio na moción de censura, conseguindo dous votos a favor e a abstención da súa outro compañeiro.

Cada candidato votouse a si mesmo e, ante o empate a tres, Alberto García logrou a alcaldía por ser o cabeza da lista máis votada nas pasadas eleccións.