CRTVG

Buscar

Alberto Fernández xura como presidente da Arxentina cun chamamento á unidade

Publicado o 11/12/2019 08:13

Na Arxentina, centos de miles de persoas festexaron o ascenso ao poder do peronista Alberto Fernández como presidente do país. . Canda el, Cristina Fernández, que será a súa vicepresidenta, e a maior beneficiada pola primeira das reformas anunciadas: a da xustiza. O novo presidente chega ao poder advertindo de que non van poder pagar a débeda. Un 40% dos arxentinos viven baixo a liña da pobreza.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/12/2019