CRTVG

Buscar

Albert Rivera visita algunhas das zonas máis afectadas polo temporal en Murcia

Publicado o 14/09/2019 09:55

Tamén o líder de Ciudadanos visitou algunha das zonas afectadas pola gota fría en Murcia.
Albert Rivera comezou o percorrido no municipio de Molina de Segura, no barrio de Santa Rita, onde puido falar cos veciños que sufriron os danos nas súas casas.

Acompañado da vicepresidenta do goberno murciano, Isabel Franco, trasladouse ata o encoro de Santomera, unha das zonas que máis preocupa. E finalmente foi ao Centro de Coordinación de Emerxencias 112 , onde se informou da situación.

Tras a visita e a través da súa conta de Twitter, Rivera declarábase "preoucupado polos danos" e "orgulloso do esforzo de tantos traballadores públicos, voluntarios e veciños".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2019